ONDOMARTM

Faite socio

Faite socio e pasa a formar parte da familia de Gondomar TM: instalacións e material sempre dispoñibles, torneos e ligas internas, camiseta de agasallo e desconto en material deportivo, e unha comunidade inclusiva que medra coa xente que a forma.

Socio/a Aspirante

Para menores de 18 anos. Complétao o pai, nai ou titor/a legal en representación do/da menor.

Abrir PDF

Socio/a Numerario/a

Para maiores de 18 anos que se dean de alta como socios/as do club.

Abrir PDF

Os PDF ábrense nunha nova pestana do navegador. Se o teu navegador permite editar formularios, podes enchelos en pantalla antes de imprimilos; se non, imprímeos en branco e complétaos a man.

Formulario adicional: Grupo Familiar

Se sodes varias persoas do mesmo domicilio, engadide tamén este formulario para solicitar o desconto familiar (mínimo dúas persoas socias). Podedes envialo xunto coa vosa solicitude de admisión inicial.

Abrir PDF

Como entregar a solicitude

En man

Entréganola en calquera dos nosos adestramentos ou nas portas abertas dos sábados.

Por WhatsApp

Envía unha foto ou escaneo do formulario asinado ao 649 65 27 31.

Por correo electrónico

Envíaa a gondomartmtenisdemesa@gmail.com.