ONDOMARTM

O teu deporte.
Sen complicacións.

Tenis de mesa en Gondomar

Comeza desde cero. Non necesitas saber xogar, nin ter pala nin vir acompañado. Nós poñemos todo o necesario.

Primeira sesión de proba · Sen compromiso

Comezar é moi fácil

Todo o que necesitas saber para dar o primeiro paso, nun só lugar.

Ti só tes que vir

Sabemos que empezar un deporte novo pode dar preguiza. Non sabes con quen xogar, que material necesitas ou se vas estar á altura. Por iso en Gondomar TM facémolo fácil.

Non sabes xogar?

Perfecto. Nas sesións de iniciación tes un adestrador que che axuda a aprender desde o principio.

Non tes pala?

Non pasa nada. No club hai raquetas, bólas e todo o material necesario para comezar.

Non coñeces a ninguén?

Non necesitas vir acompañado. O club está pensado para que poidas integrarte.

Non sabes que grupo é para ti?

Axudámoste a atopar a modalidade que mellor encaixa contigo.

Ven coñecer o club

Tes curiosidade? Non necesitas pagar nada para empezar. Ven a coñecer as nosas instalacións, os adestradores e o ambiente.

TODOS OS SABADOS DE 12:00 A 13:00
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
NO IES TERRA TURONIO - GONDOMAR

Pásate e contámosche todo: as modalidades, os prezos e os horarios, sen compromiso.

O tenis de mesa: máis que un deporte

Reflexos e coordinación

O tenis de mesa é o deporte máis rápido do mundo. Mellora a túa capacidade de reacción e a coordinación ollo-man de forma espectacular.

Saúde cardiovascular

Mantente en forma sen impacto lesivo. Unha hora de adestramento queima calorías e mellora a túa resistencia física mentres te divirtes.

Para todas as idades

Desde nenos ata maiores. É un deporte inclusivo onde o factor físico non é o único determinante. O ambiente social é inmellorable.

Concentración e estratexia

Potencia a mente calculando ángulos, velocidades e efectos en milésimas. Cada punto é un reto que mellora a atención e a toma de decisións rápidas.

Prezos

A cota mensual compónse sempre de dúas partes: a cota de socio e o complemento pola modalidade de adestramento.

Adestramento Libre
15€ /mes
Cota de socio 15€
Complemento adestrador 0€

Xogo libre sen límite de tempo, ao teu ritmo e sen presión competitiva.

  • 3 días habilitados á semana
  • Xogo libre sen límite de tempo
  • Practica ao teu propio ritmo
  • Sen presión competitiva
  • Instalacións e material incluídos
Quero adestramento libre
Iniciación
25€ /mes
Cota de socio 15€
Complemento adestrador 10€

Adestramento guiado para aprender e mellorar técnica, tanto para nenos coma adultos.

  • 2 sesións semanais guiadas por adestrador
  • Aprendizaxe e mellora técnica
  • Apto para nenos e adultos
  • Acceso tamén ao adestramento libre
Quero empezar con Iniciación
Competición
35€ /mes
Cota de socio 15€
Complemento adestrador 20€

Adestramento de alto rendemento orientado a torneos e ligas federadas.

  • 2 sesións semanais con adestrador
  • Adestramento de alto rendemento
  • Preparación para ligas e torneos federados
  • Acceso tamén ao adestramento libre
Quero empezar con competición

Todos os socios teñen acceso ás instalacións, vestiarios e material do club, ademais de camiseta oficial de agasallo, 10% de desconto en material deportivo, inscrición gratuíta en torneos oficiais e acceso preferente a eventos.
A partir do segundo socio do mesmo fogar, a cota de socio baixa a 5€ (en vez de 15€) — calcula a túa cota exacta →

O Noso Club

40+deportistas activos
8mesas de xogo
2adestradores
3equipos de liga

Gondomar TM nace en 2025 como un novo proxecto de tenis de mesa en Gondomar, sustentado na experiencia acumulada durante décadas de práctica, formación e organización deste deporte no ámbito local. O club está presidido por Eladio Costas, figura histórica e referente do tenis de mesa no concello, cuxa traxectoria deportiva e compromiso co deporte de base marcan a liña do proxecto.

O obxectivo principal do club é impulsar a canteira, favorecer a participación deportiva e competir con ambición nos distintos niveis do tenis de mesa, desde unha perspectiva claramente inclusiva. Gondomar TM aposta pola igualdade de oportunidades, promovendo activamente a participación de mulleres e facilitando o acceso ao deporte a persoas con discapacidade e a colectivos con necesidades específicas, como persoas afectadas polo párkinson, entendendo o tenis de mesa tamén como ferramenta de integración social, saúde e benestar.

Proxectos

Comunidade activa

Ligas internas, quedadas familiares, tenis de mesa na rúa, etc. O tenis de mesa como nexo dunha comunidade deportiva aberta e cohesionada.

Saber máis →

Tenis de mesa para todas

Unha iniciativa gratuíta para achegar o tenis de mesa ás mulleres de todas as idades. Todos os sábados de 11:00 a 12:00h no noso pavillón.

Saber máis →

"Esforzo, compañeirismo e paixón en cada punto."

Horario de adestramentos

Consulta os grupos e horarios de cada día. Hai un espazo para cada nivel, desde a iniciación ata a competición.

Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
12-13h
Grupo libre
Acceso libre para socios
18-19h
Competición
Grupo A1
Iniciación
Grupo B
Competición
Grupo A1
Iniciación
Grupo B
19-20h
Competición
Grupo A2
Grupo libre
Acceso libre para socios
Competición
Grupo A2
Grupo libre
Acceso libre para socios
20-21h
Competición
Grupo A3
Competición
Grupo A3
Martes
18-19h
Competición
Grupo A1
19-20h
Competición
Grupo A2
20-21h
Competición
Grupo A3
Mércores
18-19h
Iniciación
Grupo B
19-20h
Grupo libre
Acceso libre para socios
Xoves
18-19h
Competición
Grupo A1
19-20h
Competición
Grupo A2
20-21h
Competición
Grupo A3
Venres
18-19h
Iniciación
Grupo B
19-20h
Grupo libre
Acceso libre para socios
Sábado
12-13h
Grupo libre
Acceso libre para socios

Novas do Club

Seguimos compartindo resultados, fotos e historias nas nosas redes sociais.

Onde Atoparnos

Dirección

Avenida Campo da Feira, s/n
Pabellón IES Terra de Turonio, Gondomar

Teléfono

649 65 27 31

Queres apuntarte?

Déixanos os teus datos e explicámosche como empezar.

Respondemos sempre en menos de 24 horas.

Grazas aos nosos apoios e patrocinadores

Só tes que vir.

Nós poñemos todo o necesario.

Proba o club