Rachar coa rutina nunca foi tan divertido
O proxecto "TENIS DE MESA PARA TODAS" é unha iniciativa totalmente de balde que nace co propósito de animar ás mulleres, de todas as idades e condicións, a participar no deporte mentras nos mantemos activas.
Xuntámonos todos os sábados para xogar nun ambiente seguro, relaxado e inmellorable. Non importa se nunca tiveches unha raqueta na man; aquí o que importa é o tempo que te dedicas a ti mesma mentres activas o corpo e a mente.
Datos Clave:
- 🗓️ Cando: Todos os sábados
- ⏰ Horario: De 11:00 a 12:00 horas
- 📍 Lugar: Ximnasio do IES Terra de Turonio
- 🆓 Custo: Totalmente GRATUÍTO
Cada vez somos máis!