ONDOMAR TM

Velocidade. Precisión.
TENIS DE MESA EN GONDOMAR

Non importa a túa idade nin o teu nivel. Únete ao club de referencia no Val Miñor e vive este deporte con intensidade.

Ven a probar gratis

Ven a probar!!!

Tes curiosidade? Non necesitas pagar nada para empezar. Ven a coñecer as nosas instalacións, os adestradores e o ambiente.

TODOS OS VENRES DE 18:00 A 20:00
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
NO IES TERRA TURONIO - GONDOMAR

Pásate, xogamos e falamos!!!


O tenis de mesa: máis que un deporte!!!

Reflexos e coordinación

O tenis de mesa é o deporte máis rápido do mundo. Mellora a túa capacidade de reacción e a coordinación ollo-man de forma espectacular.

Saúde cardiovascular

Mantente en forma sen impacto lesivo. Unha hora de adestramento queima calorías e mellora a túa resistencia física mentres te divirtes.

Para todas as idades

Desde nenos ata maiores. É un deporte inclusivo onde o factor físico non é o único determinante. O ambiente social é inmellorable.

Concentración e estratexia

Potencia a mente calculando ángulos, velocidades e efectos en milésimas. Cada punto é un reto que mellora a atención e a toma de decisións rápidas.

O Noso Club

Gondomar TM nace en 2025 como un novo proxecto de tenis de mesa en Gondomar, sustentado na experiencia acumulada durante décadas de práctica, formación e organización deste deporte no ámbito local. O club está presidido por Eladio Costas, figura histórica e referente do tenis de mesa no concello, cuxa traxectoria deportiva e compromiso co deporte de base marcan a liña do proxecto.

O obxectivo principal do club é impulsar a canteira, favorecer a participación deportiva e competir con ambición nos distintos niveis do tenis de mesa, desde unha perspectiva claramente inclusiva. Gondomar TM aposta pola igualdade de oportunidades, promovendo activamente a participación de mulleres e facilitando o acceso ao deporte a persoas con discapacidade e a colectivos con necesidades específicas, como persoas afectadas polo párkinson, entendendo o tenis de mesa tamén como ferramenta de integración social, saúde e benestar.

40+ deportistas activos
14 mesas de xogo
4 adestradores
3 equipos de liga

Programas de adestramento

  • Iniciación

    Programa lúdico para rapazada e adultos que comezan. Traballamos coordinación, agarre e hábitos posturais con retos semanais.

  • Perfeccionamento

    Sesións específicas de efectos, lectura de xogo e toma de decisións guiadas con análise de partidos nos torneos internos.

  • Competición

    Plan integral con preparación física, técnica, táctica e apoio mental para ligas e campionatos.

Proxectos

Comunidade activa

Iniciativa orientada a construír unha comunidade deportiva aberta e cohesionada, na que a práctica do tenis de mesa transcende a propia sala de adestramento. Organízanse ligas internas adaptadas a distintos niveis e idades, quedadas familiares que favorecen a convivencia interxeracional e viaxes conxuntas a torneos. O obxectivo é reforzar os vínculos sociais, o sentimento de pertenza ao club e a implicación das familias, creando un entorno acolledor que favoreza a continuidade na práctica deportiva e a integración de novas persoas.

Escola feminina

Proxecto específico orientado a fomentar a participación de mulleres adultas e de máis idade no tenis de mesa, ofrecendo un espazo accesible, seguro e adaptado ás súas necesidades. Ademais de promover a actividade física, a escola feminina pretende reforzar a socialización, a autonomía persoal e o benestar, contribuíndo a unha maior presenza e visibilidade das mulleres no ámbito deportivo local.

Foto principal equipo Jugador Jugador Jugador Jugador

"Esforzo, compañeirismo e paixón en cada punto."

Cotas mensuais

Plan básico

10 €/mes
  • Acceso ás instalacións
  • Xogo libre (sen adestrador e máx. 2 horas semanais)
  • Uso de vestiarios

Plan iniciación

20 €/mes
  • 1 día/semana con adestrador
  • Corrección técnica
  • Exercicios multibolas

Horarios

Organizamos os adestramentos en bloques reducidos para garantir atención personalizada. Cada sesión combina técnica, táctica e partidos supervisados.

Martes

18:00 - 20:00

Quecemento específico e progresión técnica para todos os niveis.

Xoves

18:00 - 20:00

Quecemento específico e bloque táctico con estratexias condicionadas.

Venres

18:00 - 20:00

Portas abertas: sesión social con partidos rápidos e probas para novos socios.

Novas do Club

Seguimos compartindo resultados, fotos e historias na nosa páxina oficial de Facebook.

Ver as novas en Facebook

Grazas aos nosos apoios e patrocinadores

Onde Atoparnos

Dirección

Avenida Campo de La Feria, s/n
Pabellón IES Terra de Turonio, Gondomar

Teléfono

649 96 90 80

Email

gondomartmtenisdemesa@gmail.com

Queres apuntarte?

Escríbenos un correo, chámanos ou deixanos os teus datos para que poidamos contactar contigo o antes posible:

Respondemos sempre en menos de 24 horas.